Monday 29 de April de 2024

O Concello de Vimianzo comeza co reparto de máscaras sanitarias nas 3.000 vivendas do municipio


Iranse entregando casa por casa sobres con tres mascarillas e unha carta de ánimo de parte da alcaldesa.

O Concello de Vimianzo comezou esta mañá co
reparto porta a porta de máscaras sanitarias homologadas para protexer á
veciñanza do coronavirus.
Entregarase un sobre en cada vivenda das 3.000 que conforman o
municipio con tres mascarillas e unha carta de ánimo de parte da
alcaldesa, Mónica Rodríguez, quen explica neste escrito que “temos en
marcha numerosos servizos e que non dubidedes en chamar para todo o
que precisedes”.
Así, e nas vivendas nas que fose necesario o aumento do número deste
material sanitario, pódese contactar no 981 71 60 01 para solicitar as
máscaras sanitarias, así como no 604 48 48 52.
Desde o Concello incídese en que, ademais do emprego de mascarillas,
non se descoide outros aspectos moi importantes para frear o impacto do
virus, como manter o distanciamento social ou lavar as mans de xeito
frecuente.
Este reparto únese aos servizos xa impulsados pola administración
vimiancesa de fotocopia e entrega dos deberes e dos exercicios de
memoria. Tamén a entrega de medicamentos e alimentos a persoas en
risco de vulnerabilidade e a cesión de equipos informáticos ás familias
que máis o necesitan.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, anima á veciñanza. “Temos que ser
cautos pero positivos, aínda non chegamos á fase de desconfinamento
pero estamos no camiño, e iso é grazas ao correcto comportamento dos
veciños e veciñas de Vimianzo. Ánimo”, destaca a rexedora.